ÚLTIMO DÍA DE BAILE DO CURSO

>> 7 de mar. de 2011

O vindeiro sábado 26 de marzo volvemos ter baile no local social con Lino Vieiro, rematando así o programa de tardes de baile por este curso. Vémonos alí ás 7 da tarde!. Vide con ganas de cantar e bailar!

Read more...

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Este ano imos celebrar o día da muller cun xantar en Lalín o sábado 12 de marzo. Aínda te podes apuntar!!

Read more...

OBRADOIRO DE COCIÑA

>> 26 de jan. de 2011

Ábrese o prazo de solicitude de inscrición para o OBRADOIRO DE COCIÑA de 20 horas de duración que se levará a cabo coas seguintes características:

- Datas: mércores do 23 de febreiro ó 4 de maio de 18:30 a 20:30 horas.
- Lugar: CSC Agustín Bueno do Castiñeiriño
- Cota: 30 euros o curso completo

Para inscribirte tes que chamar ó teléfono fixo 981.531.687 ou ó móbil 636.677.205. O prazo de inscrición remata o día 18 de febreiro. Fará falta un mínimo de 10 persoas para a realización do curso.

Read more...

TARDES DE BAILE

Vén bailar con nós o vindeiro sábado 29 de xaneiro a partir das 18.30 horas no Centro Socio Cultural Agustín Bueno do Castiñeiriño.

A música é en directo. A entrada é gratuíta. As ganas de bailar polas ti.

Read more...

TEATRO: OS CRAVOS DE PRATA

>> 22 de dez. de 2010


O grupo Teatro Trangalleiro de Brión tráenos a súa nova obra recén estreada "Os cravos de prata"

Sábado 15 de xaneiro de 2010 ás 7.30 da tarde no CSC do Castiñeiriño. 

Despois, se vos animades a traer algo de picar, haberá unha merenda e baile.
A asociación pon as bebidas, a comida traémola entre todas (un biscoito, unha tortilla, empanadillas…, TRAE A TÚA ESPECIALIDADE!) e invita a vir a quen queiras!

Read more...

OBRADOIRO DE COCIÑA

O sábado 18 de decembro no CSC Agustín Bueno do Castiñeiriño haberá un pequeno obradoiro de cociña de 2 horas de duración, aproximadamente, para aprender a facer aperitivos de cara á celebración das festas do Nadal.

Read more...

DIETA SANA E EQUILIBRADA PARA UNHA BOA SAÚDE

Segunda charla dentro das actividades do "Outono saudable".
 Será o sábado 11 de decembro ás 5.30 da tarde no CSC Agustín Bueno do Castiñeiriño.

A charla será impartida pola nutricionista Mª Jesús Fuentes.

Read more...

About This Blog

Lorem Ipsum

  © Blogger templates Shiny by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP